FCT (DCEA) - Mestrado Integrado em Arquitetura e Urbanismo
Permanent URI for this collection
Browse
Browsing FCT (DCEA) - Mestrado Integrado em Arquitetura e Urbanismo by Author "Basoa Maneiro, Víctor Manuel"
Now showing 1 - 1 of 1
Results Per Page
Sort Options
- Paisaxes marxinais: Cotobade - lóxicas urbanas dun territorio pos-ruralPublication . Basoa Maneiro, Víctor Manuel; Sucena, SaraEn 2007, a porcentaxe de poboación mundial que habita en condicións urbanas superou por primeira vez o 50%. Sen embargo, tal acontecemento non implica necesariamente que a poboación se esté a concentrar nos ámbitos de límite preciso que habitualmente se asocian á morfoloxía urbana que presenta a cidade tradicional. Os fenómenos de globalización e as lóxicas da economía de mercado, así como unha revolución tecnolóxica sen precedentes, terminaron non só por transformar os tradicionais modelos de asentamento de maneira radical e irreversible, senón tamén a natureza da nosa civilización. O aparentemente imparable proceso de urbanización fai que a maneira en que esta toma forma cristalice nunha nova entidade que xa non ten que ver coa cidade ou o campo, ocupando, ao encontrarse as lóxicas do espazo cada vez máis desvinculadas do lugar, a estrutura espacial dominante que na actualidade representa o espazo de fluxos. O fenómeno de difusión da urbanización en Galicia alimenta o seu continuo crecemento a expensas do territorio que tradicionalmente fora ocupado por áreas aínda hoxe convencionalmente entendidas como rurais; historicamente asociadas a condicións de vida pre-modernas e á produción agropecuaria, o recente proceso de cambios rematou por alteralas radicalmente, provocando a aparición dun novo tipo de hábitat que, asentando sobre o preexistente, toma diversas formas segundo a intensidade e extensión dos seus ámbitos relacionais, así como do grao de actividade que presenta. Cotobade serve como soporte para a investigación e o estudo desa nova entidade, ao encontrarse presentes nel, tanto a hibridade histérica da paisaxe transxénica, como a indecisión do espazo residual produto da derelicción. O traballo pretende, así, afondar no significado dunha serie de conceptos que, con frecuencia, son utilizados para definir o carácter dun territorio, ofrecendo unha base teórica apoiada nunha produción gráfica que proporciona, mediante a introdución de bloques multiescalares, unha interpretación paralela –incluso alternativa– á que se poida desprender inicialmente da lectura do texto.