Gestoso Álvarez, Maruxa2022-07-112022-07-111998Antropológicas. Porto. ISSN 0873-819X. Edição especial (1998) 43-46.0873-819Xhttp://hdl.handle.net/10284/11011Poucos fenómenos neste século levan mantendo mobilizadas a tanta cantidade de persoas diariamente coma o caso do fútbol. Mesmo podemos dicir que non é posible unha visión completa desta sociedade nosa sen atender ó chamado "deporte rei". Que se agacha baixo cada regate, cada pase en profundidade e cada gol?, que é o que está realmente en xogo?. Para comprende-la cuestión cómpre analizar o fútbol en profundidade. E hoxe por hoxe podemos afirmar que é este un dos lugares privilexiados para construírmonos a propia identidade: constitúese así nun verdadeiro ritual moderno, pois de fondo co que se está a actuar é co mundo dos ideais e os valores, co mundo espiritual. Traspasamos as barreiras do mero deporte e abrímonos cara a sociedade enteira. Se defendemos o fútbol coma ritual de constitución da identidade nas sociedades modernas, cómpre partir da pregunta: que é un ritual?, e por que o fútbol e non outra actividade?.spaFútbol e identidadejournal article